jueves, 29 de agosto de 2013

Asamblea informativa o próximo 3 de Setembro e outros

A sociedade Galega de historia natural SGHN, Adega, Verdegaia e colectivo opositor o tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias integrado na AAVV o Pilar convocan o próximo martes día 3 de Setembro as 19:30 h. unha asambleia informativa e de debate para tratar o proxecto de saneamento que se esta levando acabo na ría de Ferrol. A Asambleia tera lugar no centro cultural Carvalho Calero. Gustaríanos moito contar coa vosa presencia e as vosas aportacións.

Esta é a información que publica o Diario de Ferrol sobre a xuntanza mantida o pasado mércores 28 deste mes:
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/opositores-tanque-tormentas-defenderan-alternativas-proyecto/20130830022529057056.html
E o que aparece no blog de Artabra21
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/09/o-sistema-de-saneamento-da-ria-de.html
Este é un cartaz anunciando a charla  para que empapeledes Ferrol con él.

E por último unha entrevista que lle fixeron a Chema en Canal31 o pasado 13 de agosto.
Primeria parte:
Segunda parte:
 
E aquí a postura do BNG unha vez celebrada a asemblea informativa.

lunes, 26 de agosto de 2013

Saneamento sí, mais non así (II)

Xa nos tardaba a segunda entrega dos compañeiros de Verdegaia. De imprescindible lectura para ter unha visión global do asunto. Achegamos o enlace ao Diario de Ferrol.
 
 
Tamén poñemos enlace dun artigo  publicado no blog Artabra21, dun enxeñeiro, profesor da Universidad da Coruña, no que fala dos SUDS. Moi interesante tamén.
 
 

martes, 13 de agosto de 2013

Saneamento sí, mais non así (I)

Achegamos a primeira entrega dun artigo publicado no Diario de Ferrol por M. Reimúndez e A. Carrodeguas. Moi interesante, dende aquí recomendamos a súa lectura. Se non vos abre directamente, copiade o enlace e pegádeo nunha nova páxina.
-
http://www.diariodeferrol.com/opinion/miguel-reimundez-alexandre-carrodeaguas/saneamento-mais-non-asi-i/20130813013104055446.html

martes, 6 de agosto de 2013

Audio rolda de prensa do 5 de agosto

Deixámosvos o audio da rolda de prensa que fixeron Alberto B. e Chema H. e que tivo lugar en Sargadelos (Ferrol). Agradecer a presenza dos medios de comunicación, os representantes do BNG e EU, os vecinos do barrio do Pilar(se botaron en falta algúns máis) e en xeral a todos os asistentes.

http://www.ivoox.com/rolda-prensa-comision-medio-aavv-pilar-audios-mp3_rf_2266716_1.html

O que dixo a prensa:
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/vecinos-recimil-piden-paralizacion-obras-saneamiento/20130806024417054811.html



viernes, 2 de agosto de 2013

Rolda de prensa e artigos de interese

O próximo luns día 5 de Agosto as 12:00 h. , estaremos na Galería Sargadelos para dar una rolda de prensa e explicar toda a problemática relativa ao pozo negro que nos queren meter no parque. Así que se andas por aquí acude. Adxuntamos cartaz para que o difundades.

https://docs.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLVUp1aXpxX013LW8/edit?usp=sharing

Achegamos  tamén un artigo moi interesante publicado por un veciño e que recomendamos que leades.
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/07/por-que-salvamos-ranita-e-condeamos.HTML

E por último un interesante blogue que nos remitiu outro veciño e que fala nunha entrada da privatización da auga.
http://economiaaloclaro.blogspot.com.es/2013/02/la-privatizacion-del-agua-avanza.html