domingo, 22 de junio de 2014

Mesa debate sobre a remunicipalización do ciclo integral da auga

Entrada de balde



Veciños de Punxín (Ourense) explicarán a loita que levaron a cabo para remunicipalizar o servizo da auga, nun municipio onde o concello de Punxin xunto con aquagest estaba a servir na rede pública de abastecemento de auga potable, auga envelenada e a prezo de ouro. Esta empresa, dada a presión que había sobre ela, rescinde o contrato e se marcha sen indemnización nin contraprestación ningunha, isto trae consigo unha serie de consecuencias que os dous ponentes nos contarán na charla.
 
Por outro lado, dous membros de AEOPAS (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemiento e Saneamento) falarán do traballo   da asociación que se está a desenvolver a través dos seguintes eixes:

- Defensa da Xestión Pública da auga

- Creación de Indicadores de Xestión Sostible da Auga

- Creación de órganos reguladores públicos que supervisen o ciclo integrado da auga urbana

- Defensa do dereito humano á auga e o saneamento
 
Lonxe da confrontación con sectores privados, asociacións profesionais ou grupos de presión que se posicionan a favor doutros tipos de xestión da auga, AEOPAS representa, un modelo de xestión pública da auga baseado na planificación; a participación da cidadanía e a rendición de contas; a responsabilidade social corporativa das empresas; a protección dos recursos naturais; a cooperación; e solidariedade.

Aquí tedes a presentación que fixemos das xornadas en Sargadelos
http://www.ferrol360.es/la-remunicipalizacion-de-la-gestion-del-agua-a-debate-este-sabado-en-la-sede-de-la-sghn/
http://www.europapress.es/sociedad/medio-ambiente-00647/noticia-ecologistas-otros-colectivos-organizan-jornada-defender-remunicipalizacion-gestion-20140628091049.html

Aquí tedes un bo traballo de recopilación de información dos compañeiros de Artabra21 sobre a remunicipalización
http://artabra21.blogspot.com.es/2014/07/para-militantes-e-activistas-que-buscan.html 

Despois da charla faremos una comida cos ponentes. Para apuntarse á comida, pinchar no enlace e escribir o nome