lunes, 30 de septiembre de 2013

Informe remitido aos grupos políticos


Porque o noso único obxectivo é o saneamento integral da ría, e isto implica defender a utilización eficaz do diñeiro que se está a investir construindo unhas infraestructuras eficaces e con futuro que non virtan nunca mais augas fecais á ría, mesturadas ou non. entendemos que quen xestiona diñeiro público ten que dar conta do que fai con el e utilizalo con eficacia, garantindo ademais o futuro, non só do investimento realizado senón do obxectivo do mesmo, e dicir, o saneamento integral da ría sen mais vertidos. é por iso que enviamos este documento a todos os partidos políticos con representación no paralmento galego para que o asuman e defendan.

ASINANTES: ADEGA, SGHN, Verdegaia, Comisión de Medio da A.VV. Recimil.

Informe remitido aos grupos políticos:
https://docs.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLQzVQOEtCRktjM0E/edit?usp=sharing

domingo, 22 de septiembre de 2013

Xuntanza de onte no parque

Achegamos o enlace de Artabra21 que reflexa bastante ben a xuntanza de onte. Se o resultado da concetración do martes foi moi bo, a de onte foi algo decepcionante pola escasa participación veciñal (non así dos representantes dos grupos ecoloxistas e partidos políticos que nos apoian, que sí estaban).
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/09/este-sabado-21-de-setembro-pouco-antes.html

viernes, 20 de septiembre de 2013

Xuntanza Lúdico-reivindicativa no parque

O sábado 21 de setembro (osexa mañá) teremos unha xuntanza no parque para loitar en contra da ubicación do tanque de tormentas en Pablo Iglesias e a favor doutro modelo de saneamento para a ría. O acto comenzará as 18:30 e haberá música, poesía e una charla sobre modelos de saneamento. Achegámosvos o cartaz para que o divulguedes e esperamos vervos mañá!!
https://docs.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLU3IxejhoVzlKaDA/edit?usp=sharing

Tamen achegamos una nova publicada no diario independente Ferrol360
http://ferrol360.es/a-asociacion-vecinal-el-pilar-solicita-ao-concello-que-paralice-o-proxecto-do-tanque-de-tormentas/

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Concentración de onte

Dende a Comisión de medio da A.VV. Recimil, queremos  agradecer a presenza de tódalas persoas que onte estaban  no parque, ben a título persoal, ben en representación de alguna asociación ou organización política. Achegamos o que di o Diario de Ferrol sobre a concentración.  Aclarar que entre os grupos políticos que apoiaban a concentración estaba tamén EU (no comunicado que mandamos a prensa non aparecía esta forza política por un problema de coordinación que tivemos con eles) e que nos, como entidade vecinal, non aceptamos na reunión que tivemos no seu día no concello con representates municipais e técnicos de acuaES "as melloras" propostas polos mesmos a obra do parque. Neste senso, se mandrá hoxe un novo comunicado a prensa para aclarar este punto.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/mas-centenar-personas-protestan-tanque-tormentas-parque-pablo-iglesias/20130917221230058824.html

E aquí o bo reportaxe que fai da concentración de onte os nosos compañeiros de Artabra21:
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/09/foi-concentracion-no-parque-pablo.html

lunes, 16 de septiembre de 2013

Concentración no parque o 17 de setembro e blogue de interes


ADEGA, a Comisión de Medio da AAVV “El Pilar”, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Verdegaia convocan unha concentración o vindeiro martes día 17 de setembro as 19:30 horas no parque Pablo Iglesias co fin de paralizar a construcción do tanque de tormentas cuxas obras se ten previsto inciar antes de que remate o presente mes de setembro e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa ría baixo o lema “saneamento sí, mais non así”. A convocatoria está apoiada por Anova, BNG, EQUO Galicia, Espazo Ecosocialista e EU.
Aquí tedes o cartaz da concentración para descargar:
E aquí una blogue con moita información elaborado por un membro da Comisión de Seguimento- Grupo de Traballo (ADEGA, Comisión de Medio A.VV. Recimil, SGHN e Verdegaia) e que recomendamos encarecidamente a súa lectura.
 
 

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Saneamento sí, mais non así (III)

Terceira e derradeira entrega da saga. Non ten desperdicio coma as dúas anteriores.
https://docs.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLU3FXWGZ6eDQ1OXc/edit?usp=sharing

Tamén achegamos unhas sentidas reflexións dunha veciña de Caranza onde van tres tanques de "tormentos".
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/09/companheiras-adeus-por-lupe-ces.HTML

Tamén agradecer a NÓS-UP o seu posicionamento
http://nosgaliza.org/prova2/?p=3632


martes, 3 de septiembre de 2013

Los opositores al tanque de tormentas recurren a Europa

Achegamos nova publicada no Diario de Ferrol sobre a carta que no seu día remitimos as institucións europeas para poñer en coñecemento destas como se estaban a utilizar os cartos públicos (un alto porcentaxe deles proveñen de Europa).

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/opositores-tanque-tormentas-pablo-iglesias-recurren-europa/20130902221227057365.html