jueves, 16 de julio de 2015

Entrega de firmas no Rexistro do Concello, xuntanza co alcalde e rolda de presa


O pasado día 23 de xuño ás 12:00 h. no rexistro do concello, a Comisión de Seguimento para o Saneamento Integral de la Ría de Ferrol,  entregou uns pliegos de sinaturas que foron asinados  por un importante número de cidadáns de Ferrol,  no marco dunha  campaña desenvolvida  por esta  Comisión pola que se solicitaba unha audiencia publica ao gobernó da  corporación onde se aclarara á cidadanía a problemática relacionada co saneamento, así como a posible realización dun referendo sobre a remunicipalización do servizo de xestión da auga, todo esto en base aos artigo 17 e 19 do Regulamento de Participación Cidadá (RPC). Tamén fixemos entrega dun escrito onde se solicitaba unha reunión co alcalde e goberno da corporación para expoñer os puntos de vista desta Comisión respecto ao saneamento e ver a posibilidade de traballar conxuntamente.
 
Aquí tedes a noticia da Voz
 
 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario