sábado, 18 de mayo de 2013

Escrito remitido pola AAVV Esteiro e a nosa contestación

Achegamos escrito remitido pola AAVV Esteiro.
https://docs.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLa0hqOUpaRmZfcGs/edit?usp=sharing

 Tamén achegamos unha entrevista que lle fai La Voz de Galicia a Victoriano Urigorri, catedrático de zooloxía mariña (USC) e director da estación da Graña.
https://docs.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLcEFIXzl2UTFkSkU/edit?usp=sharing


A nosa contestación ao escrito da AAVV de Esteiro  foi a seguinte:

"Grazas pola información. Como xa se falou na reunión que mantivemos o pasado luns coa xunta directiva da súa asociación, a nosa posición e "non aos tanques de tormentas nos parques públicos" e abrir un debate sobre a viabilidade tanto medioambiental como enerxética  e económica dos mesmos. Non obstante sí hai acordo en alguns dos puntos, como separación das aguas fecais das pluviais para a súa depuración. Respecto a considerar aos tanques de tormentas fundamentais para a recuperación da ría de Ferrol, pensamos que mentres non se elabore un plan de rexeneración integral da ría que abarque a zona industrial ésta seguirá contaminada como ata agora (adxuntamos entrevista de Urigorri falando do tema). Un saúdo


1 comentario:

  1. Non vemos que Vituco Urgorri se opoña ou considere innecesarios os tanques de tormentas, mesmo fala de que para que funcione a depuradora é preciso que o resto da rede estea funcionando. O que dí que son precisas máis medidas para o saneamento integral da Ría como eliminar o Porto Carboeiro, no que coincidimos plenamente

    ResponderEliminar