lunes, 16 de septiembre de 2013

Concentración no parque o 17 de setembro e blogue de interes


ADEGA, a Comisión de Medio da AAVV “El Pilar”, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Verdegaia convocan unha concentración o vindeiro martes día 17 de setembro as 19:30 horas no parque Pablo Iglesias co fin de paralizar a construcción do tanque de tormentas cuxas obras se ten previsto inciar antes de que remate o presente mes de setembro e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa ría baixo o lema “saneamento sí, mais non así”. A convocatoria está apoiada por Anova, BNG, EQUO Galicia, Espazo Ecosocialista e EU.
Aquí tedes o cartaz da concentración para descargar:
E aquí una blogue con moita información elaborado por un membro da Comisión de Seguimento- Grupo de Traballo (ADEGA, Comisión de Medio A.VV. Recimil, SGHN e Verdegaia) e que recomendamos encarecidamente a súa lectura.
 
 

5 comentarios:

  1. Vaya, he sido capaz de publicar algo antes que nuestro amigo anónimo habitual.

    ResponderEliminar
  2. A ver vamos todos e todas a concentracion para defender o noso
    parque. Animo veciños e veciñas!

    ResponderEliminar
  3. Hoy toca movilización luego de que ya se acabaron los tres meses de vacaciones en el chalet de la playa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O PP contra a veciñanza de Ferrol. Ferrol resiste

      Moitas persoas acudiron á chamada das organizacións ecoloxistas e veciñais concentrando-se nun moi concorrido 'Parque Pablo Iglesias'. Parque público onde está previsto construír un mal chamado "tanque de tormentas". Chema Hernández Roca, membro da Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, leu un comunicado consensuado polos colectivos convocantes (Escoitar nos vídeos). Ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia e a xa mencionada entidade veciñal, participaron na concentración veciñas e veciñas usuarias do parque, diferentes membros de asociacións culturais, sindicais e do movimento social de Ferrol Terra; políticos de dous dos grupos municipais da oposición (BNG e EU) que fixeron expreso o apoio ás demandas da concentración; tamén apoiaron outros partidos como Equo Galicia, Espazo Ecosocialista Galego e mesmo a ANOVA que contou co deputado de AGE Antón Sánchez. A concentración, deste martes, 17 de Setembro de 2013, reivindicou a paralización da construción do "tanque de tormentas" cuxas obras se ten previsto inciar antes de que remate o presente mes, e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.

      Ao final do acto anunciaron-se outros actos como o do vindeiro Sábado 21 de Setembro, no mesmo Parque Pablo Iglesias, unha actividade reivindicativa (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...) e na segunda quincena de Outubro unhas Xornadas nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos e ambientais, co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da Ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento.

      Eliminar
  4. Ahora toca movilizarse luego de que ya se acabaron los tres meses de vacaciones en el chalet de la playa

    ResponderEliminar