viernes, 14 de junio de 2013

Reunión mantida onte no Concello

Como saberedes pola prensa onte pola tarde mantivemos unha reunión no concello con representantes da empresa ACUANORTE (agora ACUAES). Tamén estaban presentes representantes da A.VV. de Esterio, un técnico municipal e a concelleira dos barrios de Esteiro e do Pilar. A nosa postura como Comisión do Medio da A.VV. Recimil é que pensamos que tecnicamente é posible buscar outra situación para os tanques de "tormentos" que non sexan os parques e depende en grande medida da vontade política poder facelo, como así pasou coa Ranita. Anunciamos que continuaremos coas mobilizacións e charlas noutras asociacions  veciñais para intentar parar esta usurpación das zonas verdes. Achegamos a noticia publicada no Diario de Ferrol, que da lugar a malos entendidos, pois non deixa moi claro se a parte que vai en superficie  do "pozo negro" vai finalmente soterrada ou non. Aclarar que a única "concesión" que de momento fan e trasladar a zona de xogos a outra parte do parque non afectada polas obras.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/acuerdo-para-soterrar-el-tanque-de-tormentas-del-parque-pablo-iglesias/20130614043728049537.html

5 comentarios:

  1. Tanque de Tormentas de Esteiro


    http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/acuerdo-para-soterrar-el-tanque-de-tormentas-del-parque-pablo-iglesias/20130614043728049537.html

    Na Xuntanza mantida, ao longo de dúas horas e media, no día de onte no Concello de Ferrol e que fora solicitada pola Asociación Veciñal de Esteiro, que estivo presidida por Martina Aneiros, concelleira de Participación Cidadá e dos barrios de Esteiro e Recimil, e contou coa asistencia de dous Técnicos de Acuanorte, un Técnico de Urbanismo do Concello de Ferrol a Asociación de Veciños " El Pilar" e a Asociación Veciñal de Esteiro , se trasladaron por parte nosa varias propostas, algunhas das que contaban co respaldo do Técnico Municipal de Urbanismo de Ferrol, propostas que basicamente eran:
    Non dar comenzo ás obras ata que houbese un acordo de mínimos , que, desde o noso punto de vista, se produciu nesa xuntanza.
    Trasladar o actual Parque de Xogos Infantís e facer outro máis antes do comezo das obras, que logo sería traslado ao espazo que ocupa na actualidade o existente, foi aceptado nesa Xuntanza.
    Replantar as especies arbóreas afectadas pola obra. Foi aceptado.
    Facer as obras no mínimo tempo posíble. Existe unha intención clara de que eso se faga así e ademais o xeito de construcción que se vai utilizar, primeiro consolida o perímetro do Tanque e logo procede ao seu vaciado co que as molestias para veciños e usuarios do Parque quedan minimizadas.
    Soterrar o Tanque de Tormentas e cubrilo cun manto vexetal que permita a plantación de céspede e arbustos.Foi aceptada.
    Rebaixar a altura da caseta de bombeo, de 15x15 mts e integrala o máximo posible no entorno con vexetación. Existe o compromiso da empresa de facelo así e foi aceptada, polo tanto, esa proposta.
    Emitir, por parte da empresa promotora e constructora, as CERTIFICACIÓNS oportunas que GARANTAN, que non se van producir nin olores nin ruído como consecuencia da caseta de bombas. Foi aceptada a proposta.
    Desde a Asociación Veciñal de Esteiro tamén trasladamos a nosa queixa polo oscurantismo con que a Administración Pública en xeral oculta á cidadanía proxectos que deberían coñecer para, se fose o caso alegar ou propor moficacións. Recriminamos que o Goberno Municipal non fixese, logo dos informes dos Técnicos Municipais, alegacións para que tódolos Tanques de Tormentas foran completamente soterrados e de menor tamaño.

    Tamén trasladamos a nosa total oposición a que a Xestión da Rede de Saneamento Pública se privatice unha vez construida e cando entre en funcionamento a depuradora de Caneliñas.

    Desde a Asociación Veciñal de Esteiro con os acordos acadados nesa Xuntanza CONSIDERAMOS que a proxecto do Tanque de Tormentas do Parque de Pablo Iglesias de Esteiro, coas moitas melloras introducidas, queda, pola nosa parte, desbloqueado e solucionado e nos manteremos vixiantes para que os acordos se cumplan na súa totalidade.

    Queremos lembrar que esa infraestrutura pública forma parte do proxecto de saneamento da Ría de Ferrol, que é tan necesaria e que vai permitir incrementar o número de postos de traballo na pesca e marisqueo na Ría de Ferrol.

    Esta infraestrutura pública vai solucionar,definitivamente, os continuos problemas de trafico que se producen na Trincheira e na Avenida de Esteiro , diante do edificio do "Gusano", cada vez que hai fortes choivas por mor do asulagamento das mesmas.

    Nesa xuntanza tamén foi desmentido por parte do Equipo Técnico de Acuanorte, que a estrada da Trincheira e a Avenida de Esteiro fosen ser levantadas para reparar o colector xeral de Ferrol. NON SE VAI LEVANTAR A AVENIDA DE ESTEIRO .

    Xunta Directiva da AV de Esteiro

    ResponderEliminar
  2. Vamos por partes. En su día hablamos con Martina Aneiros para tener una reunión con el gobierno local sobre el tanque de tormentas del Parque Pablo Iglesias. Debido a que la semana pasada teníamos más reuniones y a que el miércoles había huelga comarcal, le propusimos tener la reunión el jueves día 13. Martina nos hizo saber que esta reunión sería un primer contacto para que le trasladáramos nuestras peticiones y no nos dejó de sorprender que a la misma asistieran dos técnicos de la empresa Acuaes, uno del concello y representantes de la A.VV. de Esteiro. Hay que decir que la reunión transcurrió correctamente y al final agradecimos el que escucharan nuestras objeciones al proyecto y nuestras propuestas al igual que hicimos con el resto de las fuerzas políticas con las que nos reunimos.
    Lo de soterrar el tanque de tormentas ya estaba previsto en el proyecto inicial, ahora bien, si hay quien quiere vender como un logro algo que ya estaba recogido inicialmente en el proyecto, pues nada, adelante.
    El parque Pablo Igleias está en el barrio del Pilar, como así se lo hizo saber el presidente de la A.VV de Esteiro cuando se reunió con dos vecinos en la sede de dicha asociación.
    Que esta infraestructura vaya a solucionar el saneamiento de la ría de Ferrol es más que cuestionable, ya que a fecha de hoy se deja de lado lo que es la gestión de residuos de la zona industrial a la que hay que sumar el impacto del dique de abrigo del puerto exterior y el impacto en la ensenada de la malata del tren que va a Caneliñas.
    La única propuesta que aceptaría la Comisión de Medio Ambiente de la A.VV. del Pilar sería trasladar el tanque de tormentas a otro lugar que no fuera un parque.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tres aclaracións:
      1-Na Asociación Veciñal de Esteiro gardamos as solicitudes, presentadas no Rexistro, de entrevista co Alcalde da cidade ao respecto do Tanque de Tormentas ( están a disposición de quen as queira ver).

      2- En Ferrol non hai ningún barrio que se chame " El Pilar", hai un barrio que se chama Recimil que ten unha asociación de veciños que se chama " El Pilar " .

      3- O presidente da AV de Esteiro non se reuníu con ningún veciño do Parque Pablo Iglesias. Houbo dous veciños que, logo de que se fixera unha charla na Asociación Veciñal de Esteiro e se lles ofrecese acudir á xuntanza que cada luns mantén a Xunta Directiva, acudiron ao noso local a reunirse coa Xunta Directiva da AV de Esteiro e non co seu presidente, que é un membro máis da Xunta Directiva ( a Asociación Veciñal de Esteiro non funciona nin en réxime presidencialista, nin unipersoal).

      4- Na cidade de Ferrol non existe unha definición oficial do territorio que corresponde a cada barrio.

      Xunta Directiva da AV de Esteiro

      Eliminar
    2. Gracias por aclararme que a A.VV. de Esteiro non funciona en réxime presidencialista e unipersoal, pois é a conclusión que saquei despois das dos reunions mantidas con ela.

      Eliminar
  3. Unha puntualización:
    Vostede so mantivo unha xuntanza coa Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro que se reune cada luns e levanta a correspondente acta de cada xuntanza.
    Vostede estivo noutra xuntanza na que tamén participou a unha representación da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro.
    E Vostede estivo no Local da Asociación Veciñal de Esteiro que lle foi cedido, pola súa Xunta Directiva, para que fixesen unha charla nel o mesmo que se cede, de maneira gratuíta, a cantas persoas ou colectivos nolo solicitan .
    Por último decirlle a vostede que a Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro está formada por 10 persoas que traballan de maneira absolutamente desinteresada e gratuíta. A relación das mesmas, algunhas levan máis de 12 anos na Xunta Directiva, figura no noso blog.

    ResponderEliminar